Ourense, cidade literariahttp://ourensecidadeliteraria.blogspot.com/


Autoras:
Sabela Varela Fernández
Natasha Torres Bóveda
Andrea Laranjo Paradela
Antía Rodríguez Estévez

Curso: 4º de ESO
Coordinadora: Celia Díaz Núñez

Centro: IES As Lagoas de Ourense


Curso: 2008-2009


Este blog céntrase na presenza da cidade de Ourense na literatura. Ourense, que a comezos do século XX era alcumada "a Atenas de Galicia", é a patria natal de moitos e importantes escritores, pero tamén é o escenario no que se sitúan moitas obras literarias dos séculos XIX, XX e XXI.
O noso obxectivo principal é achegármonos á ampla nómina de escritores que sitúan as súas obras literarias na nosa cidade e localizar nelas os textos que fan referencia ás rúas, ás prazas, aos ríos, aos parques ou ás xentes ourensás.
No noso traballo incorporamos un total de 18 escritores de diversas épocas. A listaxe estará seguramente incompleta porque talvez existan outros escritores aos que nós non tivemos acceso. Pero sirva este noso traballo como punto de partida dun tema que nos pareceu moi interesante, e sirva, sobre todo, como homenaxe e recoñecemento a todos estes autores que inmortalizaron nas súas páxinas a nosa cidade.
Para acompañar os textos literarios realizamos fotografías que recollen os mesmos lugares descritos e serven destes modo como ilustración e complemento deles.