CELSO EMILIO FERREIRO (Celanova, 1941-Vigo, 1979) é unha figura moi importante en canto á poesía social e politicamente comprendida coa cultura galega. En 1932 organizou as Mocedades Galeguistas de Celanova e tamén participou na constitución da Federación de Mocedades Galeguistas en 1934.

A súa obra máis significativa é Longa noite de pedra, que lle deu nome a toda unha época da historia contemporánea de Galicia.
Entre toda a súa obra podemos encontrar poesía e narrativa. Algúns títulos significativos son:

Poesía:
-O soño sulagado (1954)
-Longa noite de pedra (1962)
-Viaxe ao país dos ananos (1968)
-Onde o mundo se chama Celanova (1975)


Narrativa:
-A fronteira infinida (1972)
-A taberna do galo (1978).


Neste poema, Celso Emilio Ferreiro fai unha evocación nostálxica de Ourense, rememora a súa paisaxe exuberante e misteriosa e expresa o profundo amor que sente pola súa terra.

AO LONXE, OURENSE

Terra que me namora,
cidá do meu contente e alegría.
Con ela teño a miña fantasía
soñando con mecer, hora tras hora.
E soño unha imposible alba amante,
unha doce seitura
rente da orela escura
do río camiñante.
Un largasío outono de limós
ten alí o seu máxico aposento.
Pola porta do aire cruza o vento
decindo as súas cancións.
Silandeiros xardís
cinguidos de paxaros e roseiras.
Sombrizas carballeiras
coma ronseles de ouro nos confíns.
Hai un rebulir de veas latexantes
no misterio das fontes.
Baixo a gracia das pontes
pasa un espello azul de augas distantes.
Baixa lenta a serán
dende segregas torres deprendida,
e na brisa dormida
pendura unha mazán.
Si digo Ourense xurde na lembranza
un tempo adolescente,
unha voz maternal e confidente,
unha perdida luz, unha arelanza.
Un fume de magosto
rubindo paseniño
cara o ceo mansiño.
Un recén nado mosto,
avasallando a boca bulangueira;
un rebumbio de berros e cantigas,
unhas verbas antigas,
un mito, unha fogueira.
Ourense, flor que o meu desterro aruma,
arpa de soedá no vento erguida,
lonxano Edén, saudade estremecida,
canle de señardá, corga de escuma.
E vexo cada día
unha dourada túnica de soños,
un fermoso perfil, unhos risoños
torzales de amencer con melodía.
A Ourense vou por tódalas vereas
pois teño alí o sangue
e teño alí as veas
da miña poesía.
E da melancolía
que me abrangue
.
(Viaxe ao país dos ananos.)

(Río Miño.)