CONCLUSIÓN

Como pode verse, son numerosos os escritores que escollen a cidade ourensá como escenario dos seus poemas ou dos seus textos narrativos.

Os escenarios son variados: as rúas do casco vello, as prazas (Praza do Ferro, Praza da Leña), os parques (a Alameda, o Parque de San Lázaro), as igrexas (Santa Eufemia, A Catedral ), os edificios (o Liceo, o instituto do Posío), os ríos (Barbaña, Miño), os barrios e aldeas circundantes (Oira, Saltodocan...), etc.

Pero, sen dúbida, os que teñen unha maior presenza son:
- O río Miño, o "pai Miño", que cruza paseniño baixo as pontes que unen as dúas beiras.
- A Praza Maior, corazón do casco vello.
- A Catedral, xoia arquitectónica da cidade.
- As Burgas, universalmente coñecidos mananciais de auga quente.

Son os lugares emblemáticos da cidade, aqueles aos que acoden todos os que nos visitan, e aqueles aos que podemos asomarnos desde as páxinas destes escritores ourensáns que inmortalizaron a nosa cidade.

Con este traballo nós pretendemos amosar a variedade de textos cos que a cidade é agasallada. Agardamos que a súa lectura vos resultase interesante e que vos anime a ler as obras literarias aquí presentadas.