1. CIDADES LITERARIAS DO MUNDO

Son moitas as cidades que poden presumir de ser patria literaria de importantes escritores. Nas súas obras, estes autores plasman para a posteridade os lugares e o espírito de todos eles, regalándolles así unha especie de inmortalidade. A través dun bo libro podemos viaxar e coñecer algunhas destas cidades casi coma se tivésemos estado nelas.

Unha das cidades con maior proxección literaria é Londres. A cidade inglesa foi elixida no 2008 como a cidade máis literaria do mundo, xa que foi inmortalizada coas palabras de escritores da talla de Charles Dickens, Eliot, Henry James, Chaucer, Virginia Woolf, Oscar Wilde, James Matthew Barrie.


Outras cidades literarias son:



-Stratford-upon-Avon, lugar de nacemento de William Shakespeare.

-Dublín: presente nas páxinas de James Joyce, Bram Stroker, Flann O'Brien, W.B. Yeats, Jonathan Swift, Sean O'Casey...

-Nova York: por exemplo en Tom Wolfe, Truman Capote, Federico García Lorca, Paul Auster, John dos Passos, Arthur Miller, Henry James, Melville, Edith Wharton, Camilo Gonsar, Celso Emilio Ferreiro, Carmen Martín Gaite.

(Estatua de Joyce en Dublín)


-Praga: Franz Kafka.

-Lima: Vargas Llosa, Bryce Echenique.

-Bos Aires: Jorge Luis Borges.

-México: Bolaño.

-París: Balzac, Marcel Proust, Cortázar.

-Venecia: Tiziano Scarpa.

-Estambul: Orham Pamuk.



-Lisboa: Pessoa, Camoes, Antonio Tabucchi, Eça de Queiroz.




(Estatua de Pessoa no Chiado en Lisboa)

-Tokio: Murakami.

-Rusia: Leon Tolstoi.

-París: Balzac, Marcel Proust, Cortázar, Baudelaire.

-Berlín: John Le Carré.

-Madrid: Ernest Hemingway, Lope de Vega, Miguel Cervantes, Quevedo, Jacinto Benavente, Benito Pérez Galdós, Pío Baroja, Francisco Umbral.

-Soria: Machado

-Oviedo: Leopoldo Alas Clarín

-Barcelona: Mercé Rodoreda, Manuel Vázquez Montalbán, Eduardo Mendoza, Marsé, Carlos Ruíz Zafón, Ildefonso Falcones.

-Córdoba: Góngora.

-Santiago de Compostela: Rosalía de Castro, Salvador García Bodaño, Federico García Lorca, Suso de Toro, Román Raña Lama.

-Vigo: Martín Códax, Xosé Cid Cabido, María Xosé Queizán, Fran Alonso, Forcadela.

E un longo etcétera.

Ourense, como veremos, tamén pode incluírse nesta relación de cidades literarias pois son moitos os escritores que lle dedicaron os seus poemas ou narracións.