DORA VÁZQUEZ (Ourense, 1913) exerceu de mestra en Parada do Sil, Teimende e en Ourense durante 18 anos.
Dende toda a súa vida tivo afeccións literarias na súa xuventude publicuo artigos no diario La Noche, colaborou en: El ideal Gallego, La voz de Galicia,Vida gallega, etc.Colaborou tamén co Noticiario informativo da rexión galega na emisión radial:Sempre en Galicia.
Escribe sobre todo poesía, en ocasións en colaboración coa súa irmá Pura Vázquez.
CANTO Á CIDADE DE OURENSE ( catro poemas)
O teu nome
¡OURENSE!...O teu nome pónse nos beizos...
ven da auga. Nace na fonte
de cálido alento
que abre con burgas o solar da túa carne.
¡Ourense!...Dende cas miñas aves vánse o teu encontro...
O teu nome traime fragancias de añosas acacias
e asentos de recio granito, luminarias de nocturnos
crepúsculos, dourados ocasos e brancas aurora,
¡memorias de tempos!...
Hoxe mírote vestido de gala e verbena
-tñicandote xuño con dedos solemnes
-e pronunciando, baixiño, o teu nome: ´Ourense!
A ponte e o auga!...

(Xardin do Posío.)
O teu imán
Tes dureza de pedra e ternura de ave.
És pedra e és árbol,
umbral de alamedas risoñas, dintel de boscaxes umbríos.
És xardín: ¡Posío!
És..¡imán!...
O teu imán é a luz que debuxa o teu talle,
o matiz singular que parfila o teu corpo
e esculpe o teu rostro con aristas de pedra;
a atracción das túas rúas xentes...
É a túa Catedral, erguido mural que te enmarca,
páxina aberta da arte e da historia.
É o teu Santo Cristo, cimeiro cristián da túa devoción,
lume e chama da túa fe sempiterna.
¡E é trascendente e senlleira,
lámpada do teu xuño-
a típica festa
da túa Festa Grande!...
(Soñando con Ourense, Canto á cidade Ourense, pp31-33, Concello de Ourense, 1963)