Ourense é un cidade moi literaturizada, xa que foron moitos os autores que a converteron no seu espazo literario. A cidade aparece mencionada con diferentes nomes: Ourense, Auria, A., Serenou, Augasquentes, etc.
Se comezamos polos textos máis antigos, xa na Idade Media, Afonso X o Sabio aludiu nunha cantiga de escarnio ao “bo viño da cidade d´Ourens”. No Rexurdimento (século XIX) Manuel Curros Enríquez, Lamas Carvajal, Heraclio Pérez Placer ou Francisco Álvarez de Nóvoa localizaron os seus poemas e contos en lugares tan emblemáticos como As Burgas, a Ponte Vella ou a Praza Maior. No século XX, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares, Francisco Fernández Naval, Manuel Guede, Pura Vázquez, Dora Vázquez, etc, e outros moitos situaron as súas historias e poemas en diferentes escenarios ourensáns.
Pero, se hai un escritor que de maneria especial céntrase a súa obra na cidade de Ourense é, sen dúbida, Eduardo Blanco Amor. Todas as súas obras narrativas sitúanse xeograficamente na nosa cidade: Los miedos, La catedral y el niño, A esmorga, Os biosbardos, Xente ao lonxe...
Comezamos presentando unha relación dos principais escritores dos que a continuación nos ocuparemos. Podemos clasificalos desde dous puntos de vista:
a) Segundo a época na que escriben e publican os seus textos:
S. XIX | S. XX | Actuais |
Manuel Curros Enríquez | Eduardo Blanco Amor | Xosé Luís Méndez Ferrín |
Valentín Lamas Carvajal | Ramón Otero Pedrayo | Francisco Fernández Naval |
Heraclio Pérez Placer | Celso Emilio Ferreiro | Manuel Guede Oliva |
Francisco Álvarez de Nóvoa | Carlos Casares | Uxía Casal |
Antón Risco | Manuel de Dios | |
José Ángel Valente | Pura Vázquez | |
Dora Vázquez Luís González Tosar
|
b) Segundo o xénero literario que cultivan:
Poesía | Narrativa |
Manuel Curros Enríquez | Valentín Lamas Carvajal |
Celso Emilio Ferreiro | Heraclio Pérez Placer |
Pura Vázquez | Francisco Álvarez de Nóvoa |
Dora Vázquez | Ramón Otero Pedrayo |
José Ángel Valente | Eduardo Blanco Amor |
Valentín Lamas Carvajal | Carlos Casares |
Edelmiro Vázquez Naval | Xosé Luís Méndez Ferrín |
Francisco Fernández Naval | Manuel Guede Oliva |
Manuel de Dios | Uxía Casal |
Luís González Tosar | José Ángel Valente Francisco Fernández Naval |
A seguir, imos presentar unha selección dos seus textos máis característicos. E comezamos, como non podía ser doutro xeito, por Eduardo Blanco Amor.