FRANCISCO ÁLVAREZ DE NÓVOA (Granada 1873- Ourense 1936) foi un xornalista e escritor galego que colaborou en El Diario de Orense, La Defensa de Galicia e El Noticiero. Dirixiu El Miño, La Voz Pública e El Diario de Orense. Foi tamén membro correspondente da Real Academia Galega (1906).
O seu libro máis coñecido é Pé das Burgas, publicado en 1896.
En 1994, publícase postumamente o libro Beira o Barbaña. Paisaxes, que recolle unha selección dos contos publicados na prensa da época.
Neste fragmento atopamos a descrición do Tiruleque, un famoso "graxo" do Ourense do século XIX.
“Inda que se remexesen tódolos anais policiacos da cidade das Burgas, non se atoparían fazañas como as feitas por aquel condanido de Turuleque, nin no glorioso padrón de graxos célebres figuraba ningún con tantos méritos para ser socio honorario do Casino en que os maleantes rapaces se axuntaban noutros tempos, e do cal (do Casino) non queda hoxe máis que a vella tapiada que vai da Burga ó Barbaña. [...]
Mercou beira do Barbaña canta terra achou, e alí fixo a súa casiña, e alí puxo cantos dos seus recordos de neno lle sembraban a historia do seu non coñecido amor: alí tamén había as primeiras froitas do tempo e as primeiras niñadas da Primavera; pero a súa horta non tiña valados.”
("Turuleque" de Pé das Burgas, pp 61-64)

Nestoutro, detalla a celebración do Entroido.
“Eramos uns corenta rapaces os que aquela mañá de Febreiro collemos pouco menos que por asalto catro coches, dispostos a corre-lo Entroido polas vilas da provincia. A maioría preparábase a non deixar san un corazón de quince primaveras, tales a certifica-la bondade de tódolos viños, outros e escorrentar ou esquecer un momento as súas coitas ou as súas perpetuas amarguras; todos alegres, ditosos, animados, pensando nas cintas e lazos que á volta lucirían polas rúas de Ourense adiante, como trofeos de conquistas.”
(“De Entroido” de Pé das Burgas, páx. 127)