PURA VÁZQUEZ (Ourense, 1918- Ourense, 2006) foi mestra nacional durante trinta anos. Residiu en Caracas, Venezuela.
Como escritora escribe sobre todo poesía. Ensaia tamén novela, contos e teatro, e poesía infantil; asi como moitos artigos de crítica e ensaio periodísticos.

Algunhas das súas obras en galego son:

-Intimas (1952)
-A saúdade e outros poemas (1963)
-O desacougo (1971)

Obras publicadas en castelán:

-Peregrino de amor (1944)

-Desde la niebla (1951)


Fragmentos:

O Salto do Can perdéu a enxebre postura de nacemento. As casas ruben modernas e nacen rúas de cibdades onde o toxo bravo amarelecía e cheiraba, e os orvallos locían sobre as erbas e as silveiras. […]
O Salto do Can está alí mesmo, no mesmo corruncho, no poñente ourensán e sigue tomando o sol nace no Montealgre
Pola mañán; e oíndo as badaladas de todos os campanarios de corenta irexas presididas pola catedral, que brincan no vento dos puntos cardinaes, na choiva que ven de Portugal, na xiada do Norte.
[…]”
(“ O Salto do Can”, de Antoloxía pax 113-114)




A Ourense

Cabelos de sol e orballo
campás repinqueiriñas,
e pel de verdiña cor
ten meu amor.
Maus de feitizos
e quentiño corazón,
ten meu amor,
meu amor.
Corpo lizgario de luces
que o mesmo Deus lle formóu ,
ten meu amor ,
meu amor.
Rosa aberta de harmonía,
doce mimo de canción,
albeiro ceo de neve,
azul airiño de frol,
maino rir de fontaíña,
ten meu amor,
meu amor.
A gracia toda dos anxos
chóutalle no sangue mol,
i un nome ardente de gloria,
ronsel de estrela que doi,
ferindo de caladiño
coa zugamel da ilusión,
ten meu amor,
¡Meu amor…!
(“A Ourense”, de Antoloxía, Gráficas Gutenberg 1991, pax 102)