UXÍA CASAL (Santiago de Compostela, 1957), licenciada en Xeografía e en Filoloxía Hispánica, foi profesora de Lingua Galega entre 19984 e 2003 no instituto As Lagoas de Ourense, cidade que coñece ben, que aprendeu a querer na que atopou o seu espazo vital e literario.

Ten publicado varios libros de narrativa:
As ás de xenoveva, Un ano de fábula en catro estacións, O Faro de Arealonga , Saturno tamén é Deus, Sede en Ourense, Vidas exemplares.


Incluímos varios fragmentos do libro Sede en Ourense.


"Desde había bastantes anos os habitantes do barrio do Vinteún deixaran de ter a exclusiva de cheirar os bafos a podremia que chegaban do vertedoiro municipal empurrados pola brisa nocturna."
(Capítulo 1 :“Seca, seca, seca...” ,
pax 14)


"Aínda que xa non era verán cando descubrira a Minia no parque de San Lázaro, sentado nun banco,abismado nos seus pensamentos."
( Capítulo 30 : “Orentino é un gran soñador” pax 157)



"Había quince anos que non chovía en Ourense e os máis mozos ollaban aquel fluír interrompido de auga e xente sen comprender moi ben porque se sentían tan exaltados, mais axiña se contaxiaron da festa."
( Capítulo 31 : “ Ben está o que ben acaba” pax 161)