ROTEIRO LITERARIO D´A ESMORGA

O Clube Cultural Alexandre Bóveda, en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Ourense, editou un folleto titulado Roteiro Literario de A Esmorga. Espacios urbanos da novela de Eduardo Blanco Amor. Contén un esquema espacial da novela no que se indican os lugares concretos da cidade nos que se sitúan os capítulos da novela. E incorpora un roteiro composto por un mapa da cidade no que sinalan os puntos xeográficos do percorrido dos tres esmorgantes polas rúas de Auria (Ourense) nos cales se colocaron placas con citas alusivas a cada un destes lugares.


Seguindo ese itinerario, cada ano realízase un percorrido pola cidade, a semellanza do que cada 16 de xuño se realiza en Dublín no Bloomsday, a partir do itinerario do personaxe do Ulysses: Leopold Bloom

Blanco Amor-MAPA





blanco amor foto 1blanco amor foto 2blanco amor foto 3blanco amor foto 4
blanco amor foto 5Blanco Amor foto 6blanco amor foto 7blanco amor foto 8

Agradecemos ao profesor Afonso Vázquez-Monjardín, un dos autores deste roteiro, que nos proporcionase este material que está a punto de ser reeditado.


Pode verse un mapa interactivo elaborado con estas imaxes polo profesor do IES As Lagoas Vicente Santos picando neste enlace á páxina do noso instituto: http://centros.edu.xunta.es/iesaslagoas/files/baroteiro/Esmorga_00.html