1) En que lugares concretos sitúa as súas obras? Por que?
Algún relato no barrio do Vinteún, onde vivín moitos anos. Sede en Ourense está ambientada, sobre todo, na cervexaría O Moucho, onde compartín moi bos momentos con moi bos amigos. Parte da obra tamén se desenvolve nun barrio do Vinteún algo inventado.
2) Que supón para vostede escribir sobre Ourense?
2) Que supón para vostede escribir sobre Ourense?
Vivín en Ourense durante dezaoito anos; era un ambiente que coñecía e gustoume no seu momento escribir sobre el, aínda que non é un Ourense detallado nin demasiado real. Movíame nun ambiente inmediato e coñecido, por iso ambientei algunhas cousas nel.
3) É un Ourense real ou ten aspectos inventados?
3) É un Ourense real ou ten aspectos inventados?
Como digo máis arriba, non é un Ourense demasiado real, aínda que non creo ter inventado demasiado. Era como un fondo para situar a acción, pero non fixen un percorrido polas rúas con nomes reais ou facilmente identificables, como fixo, por exemplo, Blanco Amor na súa estupenda A Esmorga. Non ten nada que ver.
4) Tendo en conta que son moitos os escritores que escriben sobre a nosa cidade, considera que Ourense é a principal cidade literaria de Galicia?
4) Tendo en conta que son moitos os escritores que escriben sobre a nosa cidade, considera que Ourense é a principal cidade literaria de Galicia?
Quizais Santiago estea á par, aínda que non comprendo moi ben a que vos referides co de "cidade literaria". Tampouco lin tanto como para aseverar ese aserto.